Breamo en 1950
Breamo na actualidade
Inscricións en Breamo
 


 

San Miguel de Breamo

 

 

 

A igrexa románica de San Miguel de Breamo é a única construcción que se conserva do mosteiro de clérigos de San Agustín, cuxas dependencias desapareceron a principios do século XVII. Este templo presenta planta de cruz latina con cabeceira de tres ábisdes. O primeiro que chama a atención é a súa solidez e austeridade; apenas posúe vans de iluminación xa que estes redúcense aos óculos, abertos na fachada principal e nos hastiais do cruceiro. A porta de ingreso, na fachada occidental, é estreita e sen as habituais arquivoltas que confiren a sensación de amplitude ao van.

As lendas din que esta igrexa levantouse sobre un antigo templo celta, e ao seu redor circulan moitas historias sobre bruxas, animais mitolóxicos, se ben non existe certeza da súa data de construción, que posiblemente data do século XII. Moitas teorías apuntan a que a igrexa rematouse no ano 1187, como figura nun gravado da súa fachada, pero existe un documento no Tumbo de Caaveiro que probaría que a construción do templo foi anterior ao 1169, ano no que está datada dita documentación.

“Conta a lenda que o rosetón da igrexa de San Miguel de Breamo ten once puntas porque once eran os templarios que a custodiaban. Ocorreu que no nadal de 1224 estando os once templarios vixiando o seu templo o rosetón cambiou a doce puntas, nese momento os guerreiros viron na igrexa un meniño durmindo dentro da igrexa. E alí estivo toda a noite ata a alba, momento no cal o rosetón recuperou a súa forma orixinal de once puntas e o meniño desapareceu. Isto sucede dende entón todas  as noites de nadal sen que ninguén se explique o por qué.“

Voltar Pechar

Fotos antigas de Breamo cedidas por Fusquenlla

http://www.sospontedeume.com