>

 

Castelo de Moeche

 

 

 

A historia de Moeche céntrase arredor do castelo, ata o punto de facernos esquecer a existencia doutros monumentos anteriores á fortaleza. O nome do concello vén do dunha vila que fundou un cabaleiro chamado Modesto (Vila Modesti) antes do século X.

A maior singularidade do Castelo é a súa dificultade á hora de defendelo dos posibles ataques pola súa ubicación nunha cota moi baixa. A defensa a facilitában os seus muros, de cáseque tres metros de espesor, e do reforzo defensivo da súa fábrica a través do foxo exterior. Nos muros pódense observar varios escudos de armas: o dos Osorio, con dous osos opostos no pao, o dos Enríquez, castelo e león, e os seis roeles dos Castro de Lemos. Estas familias protagonizan parte dos contidos da exposición que se pode visitar no castelo.

Este castelo relaciónase inevitablemente coas Revoltas Irmandiñas do século XV. O castelo posiblemente o mandou construir García Rodríguez de Valcárcel grazas ás mercedes señoriais do Rei Enrique II. A lenda conta que durante a revolta Irmandiña de 1433, Nuno Freire de Andrade fuxiu dende aquí hacia Pontedeume ante o acoso dos irmandiños, que se revolvían contra os abusos e inxustizas que os nobres cometían. 

O que si está probado documentalmente é a súa destrución durante a segunda revolta Irmandiña, en 1467, cando o castelo era da Casa de Lemos, unha das máis poderosas do medievo en Galicia. As primeiras referencias céntranse nas testemuñas dos pleitos relativos á segunda Revolta Irmandiña, que falan da destrucción do castelo a mans  dos Irmandiños. As sentenzas obrigabaron aos derrotados a reconstruir o mesmo. Na exposición que alberga o castelo pódese ver unha curtametraxe que narra como discorreron aqueles acontecementos.

Cada ano, a finais do mes de Agosto, celébrase o “Festival Irmandiño” nas proximidades do castelo. Neste festival  recrease a toma do Castelo por parte duns irmandiños que caldean o ambiente ao son da música folk.

Voltar Pechar