Rede Natura 2000 Xuvia - Castro

 

 

 

Este conxunto de río principal e afluente, están incorporados á Rede Natura 2000 dende o ano 2001. Foron declarados espazo protexido porque manteñen a súa vexetación ribeirá en bo estado de conservación, e na parte alta do río Castro, nas ladeiras da Serra do Forgoselo, localizase unha gran extensión de torgueiras ben conservadas.

Os terreos do espazo protexido pertencen aos concellos de A Capela, Moeche, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas e As Pontes, e conta cunha superficie de 2000 hectareas, sendo parte da rexión bioclimática atlántica. Entre  os  seus  hábitats  pódense  atopar:  Augas  oligotróficas  cun contido de minerais moi baixo, chairas areosas, lagos  eutróficos naturais con vexetación, estanques temporais mediterráneos, uceiras  húmidas atlánticas, uceiras secas europeas, turbeiras de cobertor, bosques aluviais,  carballeiras  galaico-portuguesas, soutos de castaños, ...

A Serra do Forgoselo esténdense polos  concellos  de  A Capela,  San Sadurniño,  As Pontes, e As Somozas. É un gran espazo  aberto, de  baixa  montaña  con amplas extensións de terreo no que se atopan unha gran diversidade de hábitats e unha importante variedade de paisaxes nas que podemos atopar pequenas fragas, praderías, "veigas".

O  afloramento  do macizo granítico do Forgoselo é unha illa rodeada por xistos e lousas. O relevo suave unido a carencia  de grandes cumios e  moito tempo de erosión xunto co feito do nacemento nesta serra de ríos e regatos que desembocan nos tres ríos importantes  da zona: Eume,  Belelle  e  Xubia,  contribuíu  a  dar  forma a serra cunha orografía e topografía particular dentro  da  serra   conservanse  algunhas mámoas, que constitúen as pegadas da actividade humana dende a prehistoria. Cada ano, a comezos do mes de xullo celébrase a tradicional “Rapa das Bestas".

Desde o pico de  Racamonde, o mais alto da serra con  537 m, pódese disfrutar dunha vista impresionante, en días claros pódese contemplar gran parte da serra, a zona de As Pontes, o mar cara ao oeste, as rías de Ferrol e Ares, e unha gran pradeira adicada á cría e  engorde dos terneiros criados no Forgoselo. Outro punto de interese é a  Pena dos Tres Pes, unha  curiosa  rocha capricho da erosión. Dentro do espazo protexido, e nos arredores do mesmo, pódense realizar numerosas rutas de senderismo para disfrutar destas paraxes da Serra do Forgoselo.

Voltar Pechar